Nesta intervención o conferenciante ofreceu unha panorámica xeral sobre o estilo arquitectónico que se coñece como eclecticismo. Configurado ao longo do século XIX ao abeiro da febre dos historicismos e revivals, fragua no París do Segundo Imperio, na etapa de Napoleón III, como unha aposta estilística híbrida, imaxinativa e grandilocuente que quere encarnar o espírito liberal dun século enquistado en estéticas do pasado.
A intervención foi eminentemente didáctica con numerosos exemplos para poder entender a formación e evolución deste estilo a partir de 1850 como alternativa ao neoclasicismo da etapa anterior. É unha arquitectura moi recargada de decoración que mestura diferentes estilos que perdurará ata os anos 30 do século XX coa chegada do racionalismo e o emprego de novos materiais na construción como o formigón, o cemento, o vidro e o ferro. Prolongada a súa vixencia internacional a través de diversas modulacións formais, en España entrelázase co modernismo e aínda exhibe músculo na arquitectura monumental da década de 1920, antes de quedar estigmatizada polo discurso racionalista que, ata hai ben poucos anos, limitou o recoñecemento do seu valor patrimonial.
Día 27 de febreiro, martes
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Juan David Díaz López sobre “A arquitectura do eclecticismo: pompa e fantasía para a cidade burguesa”.
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 16 de marzo aos pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Prezo 40 €.
Día 27 de febreiro, martes
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 16 de marzo aos pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Prezo 40 €.
24 de febreiro de 2024
Foi organizada para ver as exposicións "Viajar para pintar. Sorolla en Galicia", no Museo de Belas Artes, a de fotografía de Helmut Newton, así como o novo Museo de Automoción e Historia (MAHI). Participou un grupo de corenta socios comezando pola visita guiada da exposición de Soroya formándose dous grupos, mentres un visitaba a exposición o outro fixo un percorrido polo Museo.
Con fondos da Fundación Museo Sorolla de Madrid e do de Belas Artes da Coruña, a exposición presenta a participación galega no proxecto Sorolla. Viajar para pintar, dentro do programa “100 años del fallecimiento de Joaquín Sorolla”, na que figuran máis de setenta obras entre óleos, debuxos, notas de color e obxectos etnográficos, realizados e recollidos nos anos 1900, 1010 e 1915. Foi unha visita participativa na que non só se escoitaron as explicacións da guía, senón que algún dos concorrentes fixo comentarios e aportacións sobre o contexto e mesmo sobre o traballo pictórico desenvolvido por Sorolla, para poder pintar a obra dedicada a Galicia por encargo da Hispanic Society of América. Remata a exposición con obras dos artistas galegos cos que mantivo relación, como Francisco Lloréns, Fernando Álvarez de Sotomayor, María Corredoira ou Jenaro Carrero.
Día 24, sábado
Viaxe a A Coruña para ver as exposicións "Viajar para pintar. Sorolla en Galicia", no Museo de Belas Artes e a de fotografía de Helmut Newton, así como ao novo Museo de Automoción e Historia. Saída ás 9 h.
Día 27, sábado
Visita guiada á Catedral de Lugo as 11,30 h. Lugar de encontro na fachada principal.
16 de xaneiro
O inicio das actividades correspondentes ao ano 2024 tivo lugar con esta conferencia do doutor e director do Museo Diocesano e Catedraliceo de Lugo, Marcos Calles Lombao, que espertou grande interese no público que encheu o salón de actos da Deputación.
Nesta conferencia mostrou os resultados do estudo en profundidade das representacións de paisaxes que atesoura a Catedral de Lugo durante a Idade Moderna, véndose estas representadas en distintos soportes, como madeira ou pintura, realizadas desde o século XVI ao XVIII, así como nas localizacións máis destacadas da Catedral.
Dixo que as paisaxes na Catedral de Lugo teñen unha importancia transcendental, comezando a súa investigación polo antigo retablo da Capela Maior, colocado hoxe nas frontes dos testeiros do transepto, obra de Cornielles de Holanda do século XVI. Neste retablo a representación do Bautismo de Xesús no río Xordán é dunha gran beleza que se ve reforzada polas rochas e árbores que encadran esta simbólica escena, con San Xoán Bautista e Xesús de Nazaret no centro da mesma.
Martes, día 16, ás 20 horas, no salón da Deputación Provincial
Conferencia do director do Museo Diocesano e Catedralíceo, Marcos Gerardo Calles Lombao, que falará sobre “As paisaxes na Catedral de Lugo: "ventas" á natureza desde un Patrimonio da Humadidade”.
LUGO PATRIMONIO
PROGRAMACIÓN PARA O 1º SEMESTRE DE 2024
XANEIRO
Día 16, martes
Conferencia de Marcos Gerardo Calles Lombao, sobre “As paisaxes na Catedral de Lugo: "ventás" á natureza desde un Patrimonio da Humadidade”.
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe a A Coruña o día 24 de febreiro, prezo 35 € e Sintra (Portugal) os días 5 ao 8 de maio, sobre 500 €.
Día 27, sábado
Visita guiada á Catedral de Lugo as 11,30 h. Lugar de encontro na fachada principal.
FEBREIRO
Día 27, martes
Conferencia de Juan David Díaz López sobre “A arquitectura do eclecticismo: pompa e fantasía para a cidade burguesa”.
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 16 de marzo aos pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Prezo 40 €.
Día 24, sábado
Viaxe a A Coruña para ver as exposicións "Viajar para pintar. Sorolla en Galicia", no Museo de Belas Artes e a de fotografía de Helmut Newton, así como ao novo Museo de Automoción e Historia. Saída ás 9 h.
Día 16 de decembro, sábado
ás 12,00 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Asemblea xeral, elección da directiva, festa dos socios
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.